Accesibilidad

Noticias 

© CDR o viso | 26/02/2019 | Promoción Salud Sexual

Limuhe: Promoción da Saúde Sexual

Visita de Laura, psicóloga de Quérote+

26/02/2019 | Xinzo de Limia

En Limuhe queremos promover a vivencia satisfactoria da sexualidade e a reprodución, como un valor positivo e un activo para o benestar e a saúde das persoas.

O pasado xoves contamos para elo coa presenza de Laura López, psicóloga do centro Quérote Máis de Ourense.

Non era a primeira vez que colaboraba co noso proxecto e estabamos desexando repetir a experiencia. E non nos defraudou, pasamos unha agradable xornada aprendendo e falando sen prexuízos de nós, das mulleres, dos nosos corpos.

É esencial descubrir e coñecer o propio corpo, desterrar mitos e crenzas erróneas e aprender a recoñecer e expresar os nosos dereitos sexuais fomentando a igualdade entre homes e mulleres, a eliminación de comportamentos sexistas e a prevención de enfermidades sexuais e embarazos non desexados.

Grazas Laura!

Arquivada en: