Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 01/05/2015 | Reparto Abril

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social –IRPF 2014- ABRIL 2015

Hai moitas maneiras de colaborar 

29/04/2015 - 01/06/2015 | A Limia

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” repartimos o pasado mércores 29 de abril produtos de alimentación e hixiene básicos e bombonas de gas a 10 familias que se atopan no que se coñece como unha situación de exclusión social.

Este servizo mensual de reparto de alimentos, produtos de hixiene, bombonas de gas e/ou outros bens de suministro básicos ten lugar habitualmente na última semana de cada mes e está contemplado no Programa de Atención Urxente a Persoas en Risco ou Exclusión Social.

A financiación coa que conta este programa provén do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

É de salientar un mes máis o apoio daquelas persoas que voluntariamente deciden porse a disposición da entidade para axudar na organización dos lotes para os repartos.

Consideramos tamén dende o C.D.R. que a axuda prestada é necesaria e que calquera pode colaborar, tomando como referencia a axuda mutua dos nosos antepasados nas aldeas e xerando comunidade “hoxe por ti, e mañá por min”. Hai moitas maneiras de colaborar, tanto particulares como empresas, pondo a disposición das persoas máis necesitadas alimentos básicos para facer máis levadeiro o seu día a día.

A estas persoas ademáis, préstaselles un servizo de valoración, asesoramento e acompañamento para a súa inclusión social e laboral.
 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades