Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/08/2016 | 1

Mércores de Pobo escola

En agosto

18/08/2016 | Lodoselo

Onte, mércores 17 de agosto, tivemos unha xornada de pobo escola.
Sendo que ó longo do curso pasan por aquí, sobre todo, grupos organizados de colexios, asociacións, etc. quixemos ofertar esta posibilidade de participación: Que se poidan anotar e participar todas aquelas persoas interesadas que están por aquí de paso, de vacacións... Pero tamén para aquel@s que queren volver a vivir esta xeitosa experiencia.
Velaquí unhas imaxes da xornada de onte: na horta, cos animais, reciclando papel, xogando, xantando no comedor comunitario, gozando cos xogos de auga...
  Pobo escola: aprendendo no pobo, do pobo, o pobo.
E, lembra, tamén podes anotarte para participar na do vindeiro mércores día 24 de agosto.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias