Accesibilidad

Axenda de actividades

COCEDER conmemora os seus 25 anos de historia no medio rural baixo o título “Rural naturalmente”

23/09/2016 - 24/09/2016 | Valladolid

Ó acto, que contará coa participación de expertos nas diferentes materias de acción da entidade, tamén acudirán diversas autoridades a nivel nacional, rexional e local. O esceario elexido é o Auditorio do Museo da Ciencia

A Confederación de Centros de Desarrollo Rural – COCEDER, e os seus centros asociados, conmemorarán os 25 anos de historia como entidade (1991-2016) o próximo 23 de setembro, venres, nunha xornada de encontro, reflexión e visión de futuro do medio rural, cuxo lema será “Rural Naturalmente” e terá lugar no Auditorio do Museo da Ciencia de Valladolid, dado que nesta cidade atópase a sede social da organización e foi o esceario da sinuatura de creación. 

Unha xornada de participación cidadá, grazas ás diferentes conferencias e mesas de debate sobre temas como os seguintes: “Como afectan as políticas públicas ó medio rural”; “Servizos públicos e medio rural”; “Empleo, sostibilidade e medio ambiente” ás que se engadirán recoñecementos á labor dalgunhas das personas que estiveron vencelladas á organización, así como actuacións en directo e visitas guiadas, tanto pola cidade (Ruta Ríos de luz Nocturna: http://bit.ly/2a44ChV ) como pola provincia (Ruta pola zona Leste y Ruta pola zona Norte: http://bit.ly/2alk5yi )

O prazo de inscripción para a Xornada de Conmemoración de COCEDER “Rural Naturalmente”, que dará comezo ás 9:00 horas e cuxo acto de clausura finalizará sobre as 20:30, xa está aberto no seguinte enlace ( http://bit.ly/2agtAOI ) e estará dispoñible ata o próximo 9 de setembro, co único custo de 16 euros por persoa para a comida, que se efectuará xunto ao esceario elexido para tal evento.

Para todas aquelas persoas que estén interesadas en acudir e poder acompañarnos nunha data tan especial, facilitamos o programa de contidos para a Xornada, no seguinte enlace: http://www.coceder.org/wp-content/uploads/2016/07/PROGRAMA-JORNADA-23-09-2016-1.pdf

Programa, ó que poden inscribirse no seguinte enlace http://goo.gl/forms/0b8yTiJ8hIJ1PT042

Esperámosvos!
 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades