Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 08/05/2016 | 1

Primeiro obradoiro do proxecto audiovisual RecThink

Realización dunha curtametraxe documental

07/05/2016 - 31/07/2016 | Lodoselo

O sábado 7 de maio deu comezo no albergue do Pobo escola do CDR "O Viso" o proxecto audiovisual RecThink. RecThink é un proxecto europeo que quere dar voz á Comarca da Limia e máis xente nova do rural en Europa.
Neste primeiro obradoiro participaron 8 mozas e mozos residentes na Limia que tomaron contacto cos medios técnicos e ferramentas audiovisuais coas que poder iniciaren o traballo. Este traballo vai consistir na realización dunha curtametraxe documental na que elas e eles decidirán como e que contar acerca do medio rural no que viven.
As sesións, tanto presenciais como on-line, desenvolveranse ata o mes de xullo.
Se vos interesa participar, aínda estades a tempo; poñédevos en contacto con nós. (CDR "O VISO).

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades