Noticias
© CDR O Viso | 03/07/2020 |
Concilia de Verán 2020
Programa de conciliación durante xullo e agosto
03/07/2020 | Xinzo de Limia
O mércores día 1 demos comezo, un ano máis, ó programa CONCILIA DE VERÁN 2020. O programa vai dirixido a nenos/as en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Este ano, debido a situación actual na que nos atopamos, o programa de conciliación está a ser levado a cabo no CEIP Rosalía de Castro en horario de 9.00h a 14.00h de luns a venres durante todo o mes de xullo e agosto.
Estes primeiros días foron moi intensos e deron moito de si; producíronse reencontros entre compañeiros/as despois de varios meses sen verse, xurdiron novas amizades e sobre todo había e hai ganas de gozar entre todos/as e pasalo moi ben! Nisto estamos.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias