Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/10/2014 |

Obradoiro básico de busca de emprego na Internet

Programa Ruralempréga-T (de orientación sociolaboral para a Comarca da Limia que promove a mellora da empregabilidade de colectivos en risco ou exclusión social)

06/10/2014 | Xinzo de Limia

     Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” e a través do Programa Ruralempréga-T (programa de orientación sociolaboral para a Comarca da Limia que promove a mellora da empregabilidade de colectivos en risco ou exclusión social) celebramos os días 1 e 2 de outubro un Obradoiro básico de busca de emprego na Internet nas instalacións da Aula CEMIT que o Concello de Xinzo de Limia nos cedeu para a realización desta acción formativa que foi moi demandada polas persoas participantes.

     Por incompatibilidade horaria no uso deste espazo, o obradoiro tivo que ser en horario de tarde e algunhas persoas interesadas non poideron participar debido ás dificultades de conciliación da súa vida persoal, familiar e/ou laboral; non obstante, consideramos que as 7 persoas participantes puideron mellorar a súa busca de emprego na Internet, pois ás persoas encargadas da impartición permitiunos desenvolver un trato máis individualizado e adaptado ao seu manexo do ordenador. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias