Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 03/11/2017 | Cartel curso 2017/18

Educación Infantil Familiar na Limia. Curso 2017/18

Retomamos as xuntanzas 

02/11/2017 - 29/06/2018 | A Limia

Volve Educación Infantil Familiar na Limia
O CDR O Viso retoma as xuntanzas de familia este mes de novembro por diversos puntos da comarca.  Desde o ano 2015 participaron máis de 200 persoas: familias con fillas e fillos de 0-6 anos que asistiron semanal ou quincenalmente a puntos de encontro en aldeas das comarcas da Limia e Monterrei.
Neste mes de novembro retómanse as xuntanzas para establecer horarios e lugares de reunión nos que nenas e nenos poderán relacionarse con semellantes, xogar, descubrir, comunicárense, ó tempo que nais, pais, avós e avoas compartirán reflexións acerca de temas de educación e crianza.
Este programa, implantado a través de COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural), será financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Educación Infantil Familiar favorece a igualdade de oportunidades das persoas que viven no rural que, en moitos casos, non contan con servizos educativos para a franxa de idade 0-3 anos. E aínda que se conte con ese servizo a achega deste programa é reforzar o papel da familia como principal axente educador. Contribúe, pois, a facermos un enfoque desde a perspectiva da parentalidade positiva. Nin dimitir da nosa tarefa de educar, nin delegar noutras institucións aquilo que é función familiar. Porque “o saber as raíces ten na casa de cadaquén”. 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades