Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 20/01/2015 | Rural Empréga-T

Estás a buscar emprego e non o atopas?

Sénteste desmotivad@ para a procura de emprego?, non sabes como, por onde, comezar?...”

29/01/2015 - 30/01/2016 | Xinzo de Limia

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” continuamos un ano máis a desenvolver o Programa Ruralempréga-T, actividade subvencionada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)/Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.

Mediante o Ruralempréga-T promovemos nunha estratexia integral a inclusión e inserción sociolaboral de persoas en situación de necesidade. Hoxe en día acostuma a falarse de “risco e exclusión social”; o certo é que a exclusión do mercado laboral conduce á privación de posibilidades de benestar social; de aí que ofrecemos unha acollida integral onde prestamos asesoramento a nivel individualizado e grupal mediante a metodoloxía de itinerarios personalizados de orientación sociolaboral.

Os itinerarios refiren a un camiño cunha serie de pasos onde a persoa participante é suxeito da súa mellora con vistas á promoción da súa empregabilidade e inclusión social. Algunhas das temáticas que se abordan é a prospección daqueles sectores onde se demandan maiormente emprego; como utilizar -en orde a criterios de eficacia e efectividade- as habilidades sociais para a procura de emprego (p.ex.: a elaboración dun bo currículo vitae, como preparar unha entrevista de traballo…);información de recursos, servizos e prestacións; etc.

Ao tempo que ofrecemos un acompañamento individualizado, tamén se incorporarán a partir de febreiro de 2015 dous proxectosgrupais: un de carácter máis formativo e outro de promoción da sociabilidade e cohesión grupal tratando de xerar un “club de emprego”. Celebraranse o primeiro e o terceiro xoves de cada mes respectivamente en horario de mañá. Esta abordaxe explicarase o 29 de xaneiro a partir das 09:30h e ata as 13:00h na Aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Todas aquelas persoas interesadas que desexen coñecer os proxectos e solicitaren a súa inscrición, poderán facelo ata o 27 de xaneiro.

Estes están abertos a modificacións porque se trata de recoller as expectativas das persoas participantes para tentar dar resposta ás súas necesidades. O 5 de febreiro temos previsto levar a cabo o Obradoiro formativo 1 “autoanálise e mercado laboral” e o 19 o Obradoiro “Club de Emprego”.

Chamamos á participación de todas aquelas persoas que desexen reactivar a súa busca de emprego, que precisan de información actualizada e asesoramento para practicar un proceso continuado, organizado e planificado para a potenciación da súa empregabilidade.

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades