Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/04/2016 |

Xornada con adultos no Pobo escola

Unidade Residencial Troncoso

06/04/2016 | Lodoselo

Onte 5 de abril viñeron pasar a xornada en Lodoselo as persoas usuarias da Unidade Residencial Troncoso Sierra Martiñá de Ourense.

A pesares do frío a choiva deu unha pequena trégoa para pasarmos un bo día cheo actividades do Pobo escola. Fixemos pan, papel  reciclado, coñecemos o Fiadeiro e o proceso da lá e do liño da man da señora Encarnación, e aínda tivemos tempo para darlle de comer ás ovellas, dar unha volta co Fariñeiro, ver os outros animais e coller os ovos.

Unha xornada ben produtiva cun grupo estupendo. Agardamos que volvan pronto. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias