Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 13/05/2014 | Cartel campamentos 2014

Campamentos 2014

9 días de convivencia, de contacto coa natureza, de aprendizaxe...

28/06/2014 - 20/08/2014 | Lodoselo

Do 28 de xuño ó 6 de xullo, levouse a cabo en Lodoselo o CAMPAMENTO do CDR O VISO 2014. Un campamento onde, @s nen@s se introduciron no rural e fixaron a súa aprendizaxe a base das experiencias.
Un campamento no que un día te levantabas sendo un indio, e ó seguinte un pirata. Onde nada era o que parecía. Un lugar onde te podías espertar coa música a tope e onde a merenda podía ser ovos con patacas fritidas.
Introducíronse no mundo das abellas, presenciaron o nacemento de 3 años, foron á piscina (SI puideron ir á piscina, e estreárona con moi bo tempo), fixeron xogos ó aire libre, excursións, acampada nocturna, estiveron cos animais, fixeron moitos obradoiros, repostería e @s máis pequen@s demostraron que unha tarde coa xente maior pode ser moi divertida.
Todo iso e moito máis en 9 días. 9 días de convivencia, de contacto coa natureza e 9 días de aprendizaxe constante. 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > A. Área Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais > A.2- Albergue