Quen somos > Misión, visión e valores

Misión, visión e valores

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade pública.

MISIÓN: "Acompañar á xente do medio rural limián en procesos de desenvolvemento que asumen o desafío de facer medrar a toda persoa e a todas as persoas". 

VISIÓN: Ser un referente da "utopía realizable" no medio rural galego, cunha estratexia de desenvolvemento integral dirixida á poboación mais vulnerable da comarca da Limia; a través de accións globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego  para que a nosa comunidade permaneza no seu medio, en mellores condicións e cunha maior calidade de vida. 

VALORES: A inquietude e o compromiso prioritarios do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, o seu verdadeiro norte en todos os seus programas, é desenvolver unha auténtica educación integral. A educación integral expresa a mística e o entusiasmo que queremos brindar e que recollemos na pedagoxía e metodoloxía:

  • De liberación: da liberdade interior e da conciencia crítica.
  • Do diálogo, da convivencia pacífica e do sentido democrático.
  • Da expresión, da creatividade e da acción.
  • Do sentido da persoa, dos valores, en concreto pola garantía dos valores éticos fundamentais (da xustiza absoluta coas persoas e coa historia, a convivencia fraterna, o respecto e a acollida)
  • Do sentido do ben común, da pertenza a un pobo e da conciencia histórica.

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Documentos

Imaxes
  • 1 de 1