Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 30/03/2023 | Talleres en salud y cuidados 1.1

Obradoiros en saúde e coidados

Proxecto FAIN

30/03/2023 | A Limia

No CDR O Viso traballamos en Familia e Infancia (FAIN), un proxecto piloto dirixido a familias con nenos e adolescentes menores que sexan perceptoras do Ingreso Mínimo Vital e da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) para atender a súa vulnerabilidade vinculada á exclusión territorial.
Entre outras actividades que xa vos iremos contando, comezamos esta semana cos Obradoiros en Saúde e Coidados que se irán impartindo mensualmente.
Pablo fixo un recorrido desde Hipócrates; somos o que comemos, a nosa saúde está nos nosos intestinos... Contounos un montón de cousas para axudarnos a apostar por unha alimentación saudable, produtos autóctonos e de temporada, alimentos frescos. Falounos da dieta atlántica. Tamén das moléculas tóxicas na cociña (benzopireno) e dunha alimentación en harmonía dende a infancia... Porque o corpo ten memoria. 
Pablo é nutricionista, Farmacéutico, Óptico e Optometrista, Técnico superior en Ortopedia; xestiona a Farmacia Prieto Vivanco de Xinzo. Coma sempre é un gusto contar con el para aprender.  MOITAS GRACIAS!
FAIN está promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social, con subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias