Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/01/2023 |

Viajetal Galicia, capítulo 1. Vídeo e podcast

Sabores e saberes 100% locais, propios

26/01/2023

Hai uns meses tivemos aquí con nós a Fran e Aitor https://www.midietacojea.com/ Contámolo daquela nesta entrada http://www.cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_idmod=62&V_mod=shownews&pag=6&idn=4876

Agora recibimos con gozo e admiración -xa vividas naquel momento coa súa presenza- un correo deles no que nos envían os primeiros resultados daquela viaxe. Da que din "grazas á vosa amabilidade e disposición, poidemos levar a cabo na vosa terra. En primeiro lugar, agradecervos novamente a vosa participación na experiencia e darvos a noraboa polo compromiso que demostrades, porque aprendemos moito." Graciñas a eles, dicimos nós porque a súa visita, o seu interese supón, como pouco, unha inxección de autoestima para a nosa xente e a nosa cultura (que tan pouco ou nada foi valorada); ademais cooperan non só a que poidamos dicir, expresarnos, tamén contribúen a que poidamos pensar, mantermos a aprendizaxe de saber pensar para ter algo que dicir. 

Envíannos os links ó "Capítulo 1 -  Viajetal Galicia". Un episodio xeral, un documental sonoro que trata de fiar, de conectar todas as visitas para reflectir unha narrativa global, isto é, as súas reflexións como visitantes ó remate da aventura:

Cap 1 - Viajetal Galicia: Links ó podcast en Ivoox e no Spotify

Tamén un vídeo en YouTube cunha introducción visual ó proxecto, baseado no "Capítulo 0 - Introducción"; á vosa disposición, se así o queredes nos canais de Ivoox e Spotify o proxecto.

Graciñas. Moitísimas grazas! Lembrando que somos chan, somos terra. Recordando a grandeza da semente, a grandeza do pequeno, que cando recollemos e gardamos as sementes para volver sementalas convertémonos en parte do ciclo da vida; o alimento forma parte do ciclo da vida. Somos parte como cocreadores, coprodutores e mesmo como consumidores.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias