Accesibilidad

Noticias 

© CDR "O Viso" | 23/12/2022 | CDR

Eu son... CDR

A mellor maneira de construír un gran traballo é amar o que facemos

22/12/2022 | A Limia

Este miércoles día 21 de decembro á noitiña, no solsticio de inverno, estabamos convocados a un encontro festivo as persoas da Xunta Directiva e o persoal laboral que conformamos o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”.
Este ano coa posta en marcha de dous novos programas coma o de BIocoidados e o FAIN somos moita xente, en distintos espazos, horarios diversos... polo que tiñamos a necesidade de vernos todas e todos. Claro está que sempre ía ter que faltar alguén porque onte a esa hora a Mamen e a Loli estaban atendendo ás persoas da vivenda comunitaria e Dora, Roxana e Nerea estaban en domicilios con persoas de Biocoidados... A maiores outras persoas non puideron (algunhas están de baixa) ou non quixeron achegarse pero así e todo estabamos case corenta persoas (38 contei) e foi un momento de goce.
Na convocatoria feita o convite levaba consigo o ter que levar algo de comer ou beber pero tiña que ser algo que comezara pola mesma letra que o nome. Tiñamos que avisar a Estela para termos unha referencia e velaquí o que foi aparecendo enriba da mesa para compartir:
De Salgado: Empanada de bacalao e pasas. Chourizos. Sandwich (mini). Paté con pan tostado pequeniño. Tortilla de patacas con cebola. Pinchos de xamón. Empanada caseira. Guacamole. Doritos. Embutido. Aceitunas. Aguacate (canapés). Lomo. Arroz e algas (sushi). Membrillo (con pan tostado pequeniño). Hummus e algo para mollar. Jumpers e Cortezas. Anchoas. Maíces Cocktail. Salchichón. Patacas recheas. Xamón. Tostas...
E doces: Pastel. Pinchos de froita (pera, piña…). Filloas. Mármoles (Bizcoito). Árbol de Nutella (hojaldre). Roscón de Reis. Avellanas, almendras, anacardos…Rosquillas. Bombóns que comezan pola letra D... Bebidas: Sorbete de limón, Viño, Cervexa e auga.  E os manteis e o pan (+pan marroquí que nos mandou a familia do Hossin-o Xosé de Lodoselo).
E charlamos, bebemos e comemos... E tivemos un momento para facer unha rolda de presentacións que comezou con cantarlle os parabéns a Daniel (que estaba de aniversario) e contar algún conto... De Preescolar na Casa! E para agradecer e lembrar o traballo feito como algo que nos lexitima. E o grande empeño e as ganas deste equipo que ten unha identidade ben clara: "eu son nós, somos porque os outros son". A importancia do apoio entre nós, de sumar, de coidarnos... Tamén de darnos ese empurrón, a veces necesario, para na acción exercer a responsabilidade que todas e cada unha das persoas temos.
Grazas a todas e todos: a mellor maneira de facer un gran traballo é amar o que facemos. E ter sempre ese sentido de pertenza: humildade, empatía, xenerosidade... Sabendo que se houberamos feito, coma un xogo máis, o de escribir cada un de nós o noso nome nun globo e botalos todos xuntos para inmediatamente ter que atopar cada un o noso, o noso procedemento, a nosa identidade guiaríanos a coller o primeiro que atopemos e levarllo á persoa que se chama: Estela, Camilo, Saray, Lucía, Julia, Jesús, Eloi, Elena, Guada, Dámaris, Estela R, Ana, Ana Belén, Antía, Lorena, Alba, Manola, Helena, Juan, Alberto, María José, Sara, Puri, Jonathan, Pili, Patri, Fran, María, Aine, Peque, Rosa, Anabel, Rocío, Daniel, Tomás, Carmen, Toño...

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d390971449k9058271o2l1/Xpazo. Nadal 2022

Arquivada en:
Infórmate > Noticias