Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 14/12/2022 | Banco de alimentos 5

Doazóns de alimentos e produtos de hixiene

Que iremos repartindo ó longo do mes de decembro e xaneiro.

14/12/2022 | A Limia

Como todos os anos nestas datas, próximas ó nadal, recibimos doazóns de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene.
Fai dúas semanas, o día 2 de decembro recibimos de grupo GADISA un lote de alimentos con: sardiñas en latas, pasta, aceite de xirasol, salsa de tomate, leite, garavanzos, lentellas e fabas;  tamén produtos para fregar o chan e de hixiene como: xel, xampú e compresas.
Este luns 12 de decembro,  achegámonos á nave do Banco de Alimentos, no Polígono San Cibrao das Viñas, para recoller un lote de alimentos cun total de 805 quilos, entre os que se atopaban: galletas, pasta, arroz, azucre, leite, aceite de xirasol, atún e mexillóns en conserva, fabas, salsa de tomates, turróns e cacao soluble.
Alimentos e produtos que iremos repartindo ó longo do mes de decembro e xaneiro.
Estamos inmensamente agradecidos por este tipo de doazóns que nos axudan a incrementar, con produtos saudábeis e de primeira necesidade, á bolsa da compra das familias que se atopan dentro do programa de “Atención ás  necesidades básicas” que o CDR “O Viso”  leva a cabo con persoas en situación ou en risco de exclusión social, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda de persoas físicas.
Agradecer tamén a labor das persoas voluntarias que sempre están para realizar diferentes tarefas nos diferentes programas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias