Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/12/2022 | CDR O Viso - UVigo

O CDR e a Universidade conxugan traballo e investigación co Proxecto “Biocoidados”

Coordinado por COCEDER

13/12/2022 | Xinzo de Limia

O luns 12 de decembro recibimos no Xpazo (Xinzo de Limia) a segunda visita de María Dapía Conde e Fátima Braña Rey da Universidade de Vigo (Campus Ourense). Por parte do CDR estivo Carmen Bohórquez, Guadalupe Bardón e Antonio R. Corbal. Tiveramos a primeira o 3 de outubro e agora pareceunos necesaria esta nova reunión para seguir avanzando na implementación do proxecto tras o encontro a nivel estatal de Codos (Zaragoza).
Agradecemos o apoio, a cercanía de María e Fátima profesoras  das áreas de Teoría e Historia da Educación e Antropología Social, respectivamente; as dúas do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa e participantes no Grupo de investigación Astronomía, Astrofísica, Antropoloxía Cultural e Educación. Con liñas de investigación en Ocio, Calidade de vida e Persoas maiores.
O Proxecto “Biocuidados”: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais é un proxecto que se ven desenvolvendo dende o mes de xaneiro do presente ano, coordinado por COCEDER e levado a cabo en 18 centros de desenvolvemento rural de toda España. O obxectivo de dito proxecto é previr a institucionalización, empregando os recursos comunitarios e traballando dende unha filosofía de Atención Integral Centrada na Persoa.  Pretende un cambio de modelo nos Servizos Sociais, por elo leva parello un traballo de investigación no que 11 Universidades de toda España están colaborando. No noso caso as de Santiago e Vigo. Co CDR Portas Abertas e co CDR O Viso.
Tras avaliar o proxecto piloto con axentes externos como as universidades colaboradoras, administracións locais e autonómicas e outros axentes sociais dos territorios, esperamos poder elaborar propostas para contribuír ao desenvolvemento de novas políticas públicas para a prevención da institucionalización e o fomento da desinstitucionalización.
Este Proxecto está vencellado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU

Arquivada en:
Infórmate > Noticias