Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 21/11/2022 | 25 N

O CDR contra as violencias machistas

“Abre os ollos contra a violencia machista” segue a ser o lema

21/11/2022 | A Limia

O Centro de Desenvolmento Rural O Viso súmase á loita contra a violencia machista nunha semana crucial para ela.

O programa de accións comezou onte, domingo 20, en colaboración coa Asociación Baloncesto Xinzo no polideportivo municipal cunha ofrenda floral ás mulleres asasinadas,  a lectura dun manifesto conmemorativo e a entrega dunha pancarta reivindicativa que se exhibirá todo o ano no recinto deportivo.. A acción emula a executada un ano atrás na Moreira en colaboración co Antela FC.

Así mesmo, ó longo da presente semana unha educadora infantil visitará tódalas escolas rurais da comarca para traballar este tema cos nenos e nenas limiaos en colaboración cos equipos docentes e directivos.

Co mesmo obxectivo educativo, un educador social do Centro de Información Xuvenil (CiX) incidirá na toma de conciencia desta problemática urxente coa mocidade no IES Lagora de Antela.

O CDR este ano quere poñer o foco tamén nas violencias ligadas á prostitución e edita unha tirada de 1.000 exemplares dun volante titulado “PROSTITUCIÓN= FORMA DE VIOLENCIA MACHISTA E ESCRAVITUDE” con argumentos para desmontar os principais mitos que validan esta realidade.

A través do CiX sumámonos á iniciativa do @antelafc1919 para facer da Moreira un espazo seguro e reivindicativo neste #25n. O Centro de información Xuvenil entregou as entradas doadas polo Antela a moitas das rapazas e mulleres coas que traballamos, incluíndo o equipo docente do @querotemais_ieslagoa

Non serían posibles estas actuacións sen a colaboración da Consellería de Política Social que as financia a través dos seus programas de Igualdade cos impostos de todas as persoas, especificamente co 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias