Accesibilidad

Noticias 

© POIG | 15/11/2022 | Día de la Infancia

20 N. Día da Infancia

O tratado internacional máis ratificado da historia

15/11/2022 | A Limia

O Día Mundial da Infancia, o 20N, é un día dedicado a todas as nenas e nenos do mundo. Celebramos os avances conseguidos, pero tamén é un día para chamar a atención sobre a situación dos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos e deberes da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 destinar un día para fomentar a fraternidade entre as nenas e os nenos do mundo, e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.

Nacións Unidas celebra este Día Mundial da Infancia en honra á aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.

Dende o CDR O Viso e como membros da POIG (Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia) sumámonos a esta celebración co empeño de reflexionar, opinar e dialogar sobre a participación real da infancia e a adolescencia na nosa sociedade, como ferrramenta para promocionar e reclamar os seus dereitos. Falar de dereitos é falar de deberes. Porque os deberes son as obrigacións que as persoas debemos cumprir no exercicio dos nosos dereitos. Non son posible uns sen os otros.

Dereito á amizade.

Dereito a denunciar o abuso.

Dereito a ser axudado.

Dereito ao xogo.

Dereito ao amor.

Dereito á inclusión.

Dereito á alimentación e vivenda.

Dereito a un nome e unha nacionalidade.

Dereito á saúde.

Dereito á igualdade.

Dedicar este día á infancia e á adolescencia serve tamén para recoñecer o labor das persoas que os acompañan, que traballan para que as nenas e nenos teñan un futuro mellor.

Temos pendente algunha actividade para realizar con este motivo pero como está previsto que sexa no exterior estamos atentos ás prediccións meteorolóxicas e sen unha data fixada.

http://www.cdroviso.org/files/mscoviso/2022-11/15-12-38-53.admin.Manifesto_Dia_da_Infancia_2022.pdf

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias