Accesibilidad

Noticias 

Negocios que queren xente

Aos dous lados do mostrador

09/11/2022 | A Limia

O CDR O Viso ten posto o foco nas casas baleiras como consecuencia do grave despoboamento que ameaza ó medio rural pero non son só as vivendas as damnificadas por esta tendencia que trata de afogar ós pobos.
Son moitos os negocios que pechan na Limia actualmente e se ben algúns teñen que ver con problemas de rendibilidade, son moitos máis os que o fan porque non teñen quen quede á fronte. Familias cada vez máis escasas, busca de oportunidades nas cidades ou a degradación do modo de vida rural son algunhas das causas que fan que estes negocios necesiten persoas para os dous lados dos mostradores.
Vimos de publicar nas nosas redes sociais unha escolma das oportunidades actuais e en apenas 24 horas son varias xa as persoas que se teñen interesado por elas.
Os negocios de proximidade son un punto de encontro baseado na confianza onde as dúas partes atopan o que buscan.
O CDR O Viso, a través dos fondos procedentes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, deixa as súas portas abertas a que calquera empresa local o use para buscar persoas que a rexeneren a través de alugueres, vendas, traspasos, cesións, etc.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias