Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/10/2022 | Visita equipo técnico Coceder

Visita do equipo técnico de coordinación de COCEDER

Seguimento dos programas de  #Biocoidados e #Poises


 

18/10/2022 | A Limia

Co fin de lograr un adecuado seguimento do programa Biocuidados: “Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais”, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos Fondos Europeos Next Generation da que resultou COCEDER unha entidade beneficiaria, recibimos este luns, 17 de outubro, ao equipo técnico de coordinación de COCEDER e puxemos á súa disposición as Bases de Datos e xestión documental do proxecto executado ata o momento. Tamén do POISES.
Nesta ocasión foron 5 as persoas que se desprazaron ata A Limia: Mª Jesús, Aurora, Carmen, David e Aurelio. As catro primeiras que traballan na sede de Coceder en Valladolid e Aurelio da A. Guayente no val de Benasque (Pirineo Aragonés).
Dúas destas persoas estiveron a facer o seguimento do Programa POISES e as outras tres do de Biocuidados.
A proposta para esta visita recollía a presentación da documentación técnica e económica xerada, a intervención coas persoas beneficiarias, a estratexia de comunicación seguida, así como a correcta execución da normativa en protección de datos (control de accesos a documentación sensible). Tamén a revisión do estado de cada tarefa facendo especial fincapé no cumprimento de obxectivos (humanos e económicos) e nos previstos para o seguinte período, se hai un plan de traballo estratéxico para alcanzalos, rexistro das incidencias habidas ata o momento, análise das desviacións, cales son as accións de mellora que se van a levar a cabo en base ás dificultades observadas…
Así que sobre todo, tamén debido a que a mañá deste luns foi desas nas que temos problemas coa rede e non é posible a conexión continuada a internet, estivemos a clarificar as liñas esenciais do noso labor: a do sandwox en innovación, a do equipo multidisciplinar, a atención centrada na persoa, a participación da comunidade, os servizos personalizados e de pequena escala situados e conectados coa contorna axustados ao que as persoas queren. O dereito das persoas e as familias para tomar decisións sobre as súas vidas e a ter o control sobre os apoios que reciben; que son as súas necesidades, vontade e preferencias as que nos teñen que guiar.
O reto é evitar espazos segregadores, unha cultura institucional que pode darse mesmo nos nosos centros, programas ou nos propios domicilios (coa perda de control e poder sobre a propia vida) e a aposta por un modelo de apoios e coidados baseados en e coa contorna comunitaria da persoa e da familia.
A continuación visitamos case con urxencia algúns dos espazos en Lodoselo: o Centro de Inclusión (onde comemos), a vivenda comunitaria e o Centro multiusos (antiga casa reitoral) porque o equipo continuaba o seu periplo coa visita aos nosos compañeiros do CDR Portas Abertas. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias