Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/09/2022 | Xornada SGHN

Xornada chea de información que deixa pouso para a reflexión

Organizada pola SGHN coa colaboración da Asociación Vía Vella e o CDR O Viso

26/09/2022 | A Limia

A Sociedade Galega de Historia Natural veu pasar outro día á Limia e, como non podía ser doutro xeito, viñeron á súa casa, o CDR O Viso. As actividades comezaron na Estación de Servizo Antela, ás 10h. Foi o punto de encontro e de partida. Contamos, como estaba previsto coa participación da Asociación Vía Vella de Ponte Canedo. Pola mañá roteiro polas parcelas recuperadas pola SGHN en Gomareite,  unha rápida visita ás instalacións, en desuso, do centro de tratamento de residuos que operou Coren durante uns anos xunto ao complexo de granxas Pedra Alta. E na de Vilaseca; despois pola tarde en Lodoselo no Centro Multiusos (a antiga casa Reitoral) o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural deu unha charla sobre a problemática das augas na Comarca da Limia ó que seguiu un tempo de coloquio.
A xornada correu como se esperaba, chea de información que deixa pouso para a reflexión. Serafín González, o presidente da SGHN, liderou unha actividade que tivo dúas partes ben diferenciadas. A primeira, de paseo e acción. A segunda, de información e reflexión.
A Limia e as súas augas afrontan un momento crucial para o seu futuro e para a sustentabilidade do medio e tamén dos medios de produción actuais.
Cómpre revisar, dende unha perspectiva construtiva e cooperativa entre tódolos axentes limiaos, a evolución dun fenómeno que xa é unha realidade e que ameaza o porvir, a contaminación das augas.
Hai esperanza e moito traballo por facer e a SGHN quere axudar a que sexa posible. No CDR acreditamos que o que é posible é realizable.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias