Accesibilidad

Noticias 

Intervención Multidisciplinar na diversidade en contextos educativos

Participamos neste máster da UVigo no Campus de Ourense

16/09/2022 | Ourense

O pasado xoves, 15 de setembro, dúas persoas do CDR O Viso, participamos no Máster que oferta a Universidade de Vigo no Campus de Ourense: “Intervención Multidisciplinar na diversidade en contextos educativos”.
Convidados por Raquel Vázquez Pérez, traballadora social e socióloga,  unha das coordinadoras do mesmo, contamos a experiencia do CDR O Viso. Foi despois dunha sesión máis teórica co obxectivo de coñecer a intervención social colectiva; esta materia de Desenvolvemento comunitario forma parte dun módulo con ese mesmo nome e compensación de desigualdades.
Tocou lembrar conceptos, a comunidade, os tipos de grupos, a dinamización e participar das reflexións dun grupiño de 15 persoas mozas ilusionadas neste primeiro día; dentro do obxectivo do máster: Establecer contacto directo con experiencias innovadoras relacionadas coa intervención en ámbitos colectivos, na segunda parte da sesión presentamos o espírito comunitario que defende e promove o CDR O Viso. 
E tratamos de facelo xogando, facendo grupo; tamén con algunha técnica de grupos para vivenciar a cooperación, participación, observación... Sen esquecer contar a traxectoria, os proxectos nos que estamos traballando, a vida por dentro dunha organización como a nosa. Moitas grazas polo convite, polo interese, pola participación, pola ilusión compartida.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias