Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/08/2022 | Andaina 1

Andaina polo Camiño de Santiago entre Boado e Xinzo

Colaboración Voluntariado Xacobeando e CDR O Viso

26/08/2022 | A Limia

Este pasado xoves, 25 de agosto, fixemos unha pequena andaina (pouco máis de catro quilómetros) dende o Cruceiro de Boado, na Aira dos Moitos ata o Albergue de Peregrinos de Xinzo.
Nunha mañá espectacularmente boa para camiñar xuntámonos unha treintena de persoas de varios lugares, aínda que o grupo máis numeroso era o de mulleres que participan nas actividades do Centro de Inclusión Lodoselo. Persoas do Concello de Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia… e curiosamente unha parella que vive no Países Baixos e con raíces en Boado.
Tal e como estaba organizada, no marco da colaboración que o CDR O Viso e o grupo de Xacobeando, aquí na comarca, mantiveron nestes dous meses de verán, comezamos coñecendo a tres membros deste grupo. Unha lituana, unha letona e unha madrileña que se presentaron e nos contaron algo da súa vida e o por que da súa estancia aquí.  Xacobeando é un proxecto de voluntariado de corta duración, no marco do programa do Corpo Europeo de Solidariedade co obxectivo de dar un valor engadido ó camiño nun ano Xacobeo. Un camiño inclusivo, sostible, dixital, hospitalario, intercultural, seguro...
Tamén visitamos unha das fontes-lavadoiro ( A fonte do Monte) e gozamos dun dos contos cos que nos agasallou o Camilo que foi quen alentou e desenvolveu coa vecilanza de Boado e Porto Alto un traballo de Memoria colectiva que está recollido no libriño A Memoria da Auga.
Xa en Xinzo coñecemos o Albergue de peregrinos e despois achegámonos ata os locais do CIX-CDR O Viso na rúa ladeira para tomar un refrixerio e coñecer algunhas das persoas que traballan alí.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias