Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/07/2022 | Con Alloa

Xornada de educación ambiental no concilia

Elaborando xabóns con ALLOA

24/07/2022 | Lodoselo

Na xornada do pasado venres, 22 de xullo, tivemos a visita de Ana; unha muller emprendedora que elabora cosmética natural en Sarreaus. O seu proxecto denomínase ALLOA; trátase dunha proposta de emprendemento que xorde co obxectivo de loitar contra o despoboamento rural diversificando a economía de maneira que se poida garantir a subsistencia dos pobos.
Nesta actividade unimos os saberes de Ana, cos saberes e experiencias das persoas maiores e dos nenos e nenas do concilia da segunda quincena de xullo.
Elaboramos xabóns de forma moi sinxela con glicerina e flores de lavanda que as rapazas e rapaces colectaron días antes e deixaron secar.
Moi agradecidas de que Ana e máis a súa compañeira Cris, se achegasen a pasar un bo ratiño con todas nós; que ben o pasamos!!!

https://www.alloa.es/

Arquivada en:
Infórmate > Noticias