Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/07/2022 | Concilia 2022 1

Concilia verán 2022

Voltamos a Lodoselo

05/07/2022 | A Limia

Chegou o verán e con el o noso programa Concilia, ofrecendo unha opción de ocio e tempo libre no medio rural ás familias da Comarca da Limia, para nenos e nenas de entre 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto en horario de  mañá de 9:00h a 14:00h en Lodoselo, divididos en catro quincenas.
Este ano recibimos moitas inscricións, mais de 150 polo que todas as quincenas están cheas; contamos cun total de 40 nenos e nenas en cada quincena, polo que pasarán por Lodoselo 160 crianzas.
As actividades estarán enfocadas a conectar co medio rural e coa natureza, coas persoas maiores que viven no rural, concretamente coas persoas que viven na casa comunitaria “A túa outra casa” e que acuden ó centro de inclusión, paseando todos os días con eles e elas e realizando cando menos un día a semana unha actividade específica da súa man (xogos tradicionais, elaboración de aceite de hipérico); acomodar os animais, coidar a horta, recoñecer a flora e fauna, elaborar papel reciclado, barro, plantar,… e tamén, por suposto, xogar e xogar.
Que ben o imos pasar!!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias