Accesibilidad

Noticias 

© CDR Oviso | 28/06/2022 | Centro Lodoselo

Ser especialistas en persoas

Cando a ética é a estética do comportamento

28/06/2022 | Lodoselo

Cada mañá, de luns a venres, 27 persoas acoden ao Centro de Día "Lodoselo" (mellor dito... 27 persoas cunha longa historia de vida).

Dende as 9 da mañá dous profesionais comezan a ruta do transporte adaptado para recoller a cada persoa no seu domicilio (Freixo, Nocelo, Rabal, Atás, Solveira, Lamas, Cortegada....Pobos dos concellos de Sarreaus, Trasmiras, Cualedro e Xinzo de Limia) e cando chegan ao Centro, o equipo de profesionais (Helena, Sonia, Ada, Julia,Tamara, María e Saray) xa teñen todo preparado para saudar cunha cálida acollida e moitos "sorrisos na mirada" porque aínda seguimos coa máscara. O día transcorre nun ambiente tranquilo, próximo, con sons e cancións que lembramos e co desenvolvemento de actividades que pretenden promover a autonomía de cada unha das persoas que atendemos.

Dende a Terapia Ocupacional e Fisioterapia, Ada, Helena e María, traballan para mellorar a funcionalidade de mans que, un día, foron áxiles e que agora tremen, pernas que antes traballaban a terra de sol a sol e agora están inflamadas pola "falta de rego", ... todas cos seus nomes e apelidos.

Coa atención psicolóxica que realiza Saray, pódese valorar con máis detalle a evolución cognitiva de cada persoa e son escoitadas as emocións das súas historias de vida, de persoas adultas, que non son coma nenos.

As profesionais de Atención Sociosanitaria, Sonia, Julia e Tamara... son o apoio para que unha persoa vaia dando pasos con confianza, as mans que axudan a cortar a comida cando non poden, son a referencia para quen perde a orientación e son a sorriso cando toca marchar.

Todas son profesionais que traballan a esperanza e o sentimento de saberse atendidos.

¡Que importante é traballar coas persoas e para as persoas!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Área de Atención á Comunidade: Servizos de Proximidade > B.2- Centro de Inclusión