Accesibilidad

Noticias 

© Diario do Limia | 01/06/2022 | Ana Pontón

Ana Pontón, a líder da oposición no Parlamento Galego, visita o CDR O Viso

01/06/2022 | Lodoselo

Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, visitou o CDR O Viso en Lodoselo onte martes, día 31, dentro dunha rolda de encontros sociais para coñecer o traballo social e comunitario que desenvolvemos e para coñecer cales son as necesidades e as cuestións que máis nos preocupan.
Ana Pontón (Sarria, 1977), a líder da oposición no Parlamento Galego desde as eleccións de hai dous anos, estivo na Limia pola tarde; a xornada de mañá pasouna en Allariz. Despois da visita ao CDR O Viso chegou a Xinzo, ás 20:30 horas á Praza Carlos Casares e tivo un acto na Casa de Cultura coa veciñanza da comarca.
Ás 18 horas acollemos esta visita no Campiño, diante do albergue do Pobo escola e ademais de amosarlle as nosas instalacións, os programas que desenvolvemos nelas… queriamos que diferentes persoas do pobo, en representación de toda a comunidade, participaramos dun diálogo, para achegarlle a realidade do noso día a día, o noso empeño por mellorar a calidade de vida neste noso espazo.
E si, alí estivemos, no alpendre da antiga casa reitoral algunhas persoas da Xunta Directiva e traballadoras/es do CDR; e tamén algunhas persoas do sector agrícola e gandeiro, algúns nenos/as, algunha persoa traballadora por conta allea, algún inmigrante, algún xubilado, algún participante dos programas do CDR… 
E charlamos. Fixémolos partícipes das nosas accións e das nosas propostas de mellora. Da excesiva burocratización que nos afoga (papeleo que paraliza), da rixidez das normativas que non contemplan a realidade diferenciada, das axudas que se venden como tal e que nos someten e guían cara caminos que non queremos andar… Pero tampoco queríamos que se quedaran só con este sentimento, real si; porque, de momento, seguimos traballando arreo e convertendo as necesidades e mesmo as dificultades en oportunidades; como sempre se fixo no medio rural, con moito traballo, contando coa solidariedade, coa comunidade.
E recorremos algunhas das nosas instalacións (A túa outra casa, vivienda comunitaria; centro de inclusión, casa niño, xardín sensorial) gozando da compaña, da sintonía, do alento tan necesario no noso medio; e porque, por momentos, vívese como agotador a falla de mirada do outro celebramos a presenza corporal dos demais;  e sobre todo cando é un mirar que non é para xulgar, cando son miradas que acarician; algo que nos fai sentir felices. Moitas grazas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias