Noticias
© Pepe de Muimenta | 22/05/2022 | Casas de Acollida
As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana
Nunha experiencia de aprendizaxe, onde se conxugou convivencia e formación
22/05/2022 | Lodoselo
Recibimos cheos de gozo esta comunicación que nos envía o Pepe de Muimenta. Grazas e todas e cada unha das persoas que fan posible compartir momentos nesta nosa contorna; persoas, coma neste caso, que nos alimentan a esperanza, que fan posible o que é necesario.
"As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana, nunha experiencia de aprendizaxe, onde se conxugou convivencia e formación.
As/os nenxs tiveron a oportunidadade de sentir a natureza, sensacións, liberdade, aprender a compartir e coñecer tradicións ( roteiros, fornada, taller de coiro,...) todo ilo guiados por monitores comprometidos co entorno e coa nosa cultura. As/os educadorxs, asistimos a unha xornada de formación sobre "a actualización da adolescencia: trastornos e resolución de conflictos". Así tamén tivemos momentos de desfrute compartidos integrados nun entorno comprometido. Grazas pola experiencia, agardamos voltar pronto. Fogares e Apoio ao Menor Lar."
Arquivada en:
Infórmate > Noticias