Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/05/2022 | Mesa do tacto. Limisi

Medra o xardín sensitivo e nós con el

Coa colaboración de LIMISI

18/05/2022 | Lodoselo

Pasiño a pasiño o  xardín sensitivo vai collendo forma, grazas ó traballo a reo das persoas usuarias do centro de día, a vivenda comunitaria e os nenos e nenas da casa niño Lodoselo e agora coa colaboración de LIMISI vaise transformando nun espazo onde parar o tempo e perderse gozando cos sentidos.
O mércores pasado as persoas do Centro Ocupacional de LIMISI realizaron o percorrido polo xardín, dispostos a experimentar, abrindo os seus sentidos: tocando e diferenciando diferentes texturas coas mans e cos pés, descubrindo diferentes sons, explorando co nariz, descubrindo cheiros e curiosidades das diversas prantas aromáticas, coñecendo a horta e a casa dos insectos.
Para finalizar construíron dúas partes do xardín. Por unha banda, crearon unha parte sonora na que colgaron diversos utensilios vellos de cociña e caixas de diferentes materiais para tocar e crear sons; e por outra banda, pintaron de forma creativa pneumáticos nos cales introducir diferentes texturas para poder sentilas.
Foi unha xornada marabillosa; estamos moi agradecidas pola súa colaboración e participación a través da cal todas as persoas intercambiamos saberes e sensacións.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas dentro do programa dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias