Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/05/2022 | As Mercedes

Apreciando o valor inmenso da nosa contorna natural

Sábado en familia

04/05/2022 | As Mercedes

O pasado sábado 30 de abril tivemos a fortuna de pasar outra xornada fermosa no Sábado en Familia, que desta volta foi na aldea das Mercedes e na área recreativa de Flariz, no Concello de Cualedro.
Fixemos o percorrido polos cinco muíños da aldea, rehabilitados na súa parte exterior, onde puidemos imaxinar a actividade intensa que se viviu noutro tempo neste lugar. Camiñamos río abaixo gozando do calor primaveral, facendo barquiños de pau e permitíndonos o privilexio de non facer nada máis que apreciar o valor inmenso da nosa contorna natural.
Rematamos a mañá na zona de merendas de Flariz rodeados dos cantos das ras, marabillados pola acollida máxica dun espazo ben fermoso entre conversas e carreiras, entre reflexións e soños.
Esta actividade é financiada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas dentro do programa “O noso espazo: encontros de familia, parentalidade positiva e actividades educativas” do CDR O Viso.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias