Infórmate > Noticias 

Noticias 

Novo obradoiro de Ecoembalaxe: Consumo responsable - PensandoECO
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

21/04/2022 | Laroá

Continuamos o sendeiro da educación ambiental

1 de 5

Desde o CDR O Viso continuamos o sendeiro da educación ambiental; desta volta, pomos en marcha un conxunto de obradoiros prácticos dentro da proposta de traballo denominada “Consumo responsable: PensandoECO”, mediante os cales pretendemos crear espazos para facernos preguntas, para reflexionar e debater sobre os consumos que realizamos, os residuos que creamos: de plástico, aceite usado, produtos de limpeza, desperdicio alimenticio,... e os impactos que todo isto ten na contorna, no medio e no noso corpo.

No empeño de procurar alternativas para cambiar os nosos hábitos diarios, elaborando receitas ou obxectos que cada persoa participante pode levar e reproducir no seu día  a día.

Onte 19 de abril comezamos en Laroá, co obradoiro Ecoembalaxe onde elaboraremos embalaxes para alimentos con telas e cera de abella natural e reflexionamos sobre as cantidades de residuos plásticos que xeramos, os tipos de plásticos que existen e como os podemos identificar, canto tardan en degradarse e o seu impacto no medio e no noso corpo.

É unha actividade máis cofinanciada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas dentro do programa “Aldeas activas e saudables” do CDR O Viso.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies