Accesibilidad

Noticias 

© COCEDER | 11/04/2022 | Biocoidados

Outro modelo de atención é posible


Os  CDR “O Viso” e “Portas  Abertas” promocionan a prevención da institucionalización no medio rural co plan  Biocuidados

11/04/2022

A Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural ( COCEDER) conseguiu apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e da Axenda 2030 para idear e plasmar un novo modelo de atención e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados que se está elaborando desde o paradigma da Atención Integral Centrada na Persoa.
A proposta, que logrou financiamento do plan de recuperación  Next  Generation  EU, leva o nome de “ Biocuidados: novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais”.  Biocuidados está abalado e recollido polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais.
Está a realizarse en nove comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia) e en 18 localizacións con distintos colectivos como infancia e adolescencia en risco de exclusión, persoas maiores e persoas con diversidade funcional. O proceso, aínda que se espera que posúa unha continuidade posterior, está a levarse a cabo desde xaneiro do 2022 ata decembro de 2024 a través dos Centros de Desenvolvemento Rural, entre eles O Viso e Portas  Abertas.
Biocuidados está inspirado no ecosistema que xera a comunidade rural. Este modelo para o coidado da vida e as persoas do medio rural quere aproveitar as pequenas dimensións das poboacións rurais para implementar outros modelos de atención na comunidade e de maneira integral, xa que no mundo rural non hai segmentacións entre os colectivos da poboación.
Aproveitar a idiosincrasia do comunitario no rural para promover unha vida plena e demostrar que é posible levar a cabo infinidade de proxectos de vida diferentes nestas contornas nos que certamente temos a moita xente maior. E a eles queremos telos en conta, empezar por contar con eles, preguntarlles como queren ser atendidos, analizar as necesidades e os proxectos de vida das persoas para articular modelos de apoio baseados nos recursos da comunidade rural que presten servizos integrais centrados na persoa, potenciando a súa autonomía persoal.
Con este enfoque e ben deseñada a metodoloxía de traballo ad hoc implementarase para que as persoas poidan desenvolver os seus proxectos de vida na súa comunidade rural. Porque o medio rural danos unha escala máis pequena e máis humana, cunha rede social activa, con coñecemento de cada unha das persoas, o que permitirá deseñar eses proxectos de vida integrais centrados na persoa.
E quizá, máis adiante, podamos, por medio destas propostas contrastadas, lograr un mellor desenvolvemento rural grazas ao cal, as persoas que viven nestas comunidades, sintan que poden vivir plenamente.  Cun acceso específico á atención e aos servizos necesarios.
Tras avaliar o proxecto piloto con axentes externos como as universidades colaboradoras, administracións locais e autonómicas e outros axentes sociais dos territorios, esperamos contribuír ao desenvolvemento de novas políticas públicas para a prevención da institucionalización, o fomento da  desinstitucionalización e mellorar o modelo de atención e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados.


 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias