Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 31/03/2022 | Cartel NCLULIMIA

Presentación INCLULIMIA

Rolda de prensa na reitoral

31/03/2022 | Lodoselo

O CDR O Viso convoca aos medios e ás persoas que lle suscite interese á rolda de prensa de presentación de INCLULIMIA, un proxecto radiofónico que naceu coa vontade de mostrar e demostrar que tódalas persoas teñen diferentes capacidades.
O acto será o venres día 1 de abril ás 12.00 na Reitoral de Lodoselo ( Sarreaus).
É unha proposta interxeracional que inclúe á  mocidade da Limia, a persoas maiores participantes dos diferentes servizos do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e a persoas con diversidade funcional da Comarca.
INCLULIMIA son diferentes programas radiofónicos que comezarán a ver a luz o propio venres día 1 de abril.
O acto será presentado por D. Manuel Mateos Díaz como representante das persoas maiores e Uxía Formoso como representante da mocidade limiá.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social a través do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias