Infórmate > Noticias 

Noticias 

Boado publicará un libro coa memoria da súa auga
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

16/03/2022

 

Conectándonos cos lugares compartidos nos que se labrou a comunidade

1 de 4

A veciñanza das parroquias limiás de Boado e Porto Alto, en colaboración co CDR O Viso, está recollendo toda a información que pode arredor das fontes, pozas, ríos, regatos, lavadoiros e lagas que se reparten pola xeografía boadesa e que converten a esta aldea nun dos núcleos con máis concentración de nacementos de auga da comarca.
O CDR O Viso editará un libro que será presentado o 2 de xullo, coincidindo coa festa do pobo.
Esta actividade promocionada polo Centro de Desenvolvemento Rural O Viso é a continuidade do traballo iniciado nas parroquias de Laroá e outras zonas da Limia. O programa “O PATRIMONIO DA AUGA”  xurdiu para conectar persoas de diferentes idades nas nosas aldeas, para manter vivo o patrimonio material e tamén o inmaterial con relación á auga; para coñecer, recoñecer e poñer en valor os espazos comunitarios do lugar.
Porque  falar de Galicia é falar de auga: muíños á beira dos ríos movidos pola forza da auga; fontes a moreas repartidas por cada aldea; mananciais naturais nos montes; lavadoiros comunais coa auga canalizada;  as tornas nas leiras para garantirlles auga ós cultivos… Terra dos mil ríos, e, seguro que algún máis. O certo é que calquera dos lugares dos que falamos foron ata hai ben pouco espazos para a conversa; lugares compartidos nos que se labrou a comunidade. Lugares necesarios, imprescindibles para a vida da nosa xente.
Este tipo de actuacións son financiadas polo Programa operativo Fondo Social Europeo para Galicia 2014-2020.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies