Infórmate > Noticias 

Noticias 

Aprendendo a construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/03/2022 | A Limia

Nos CEIP rurais da comarca con motivo do 8M

1 de 2

O centro de Desenvolvemento Rural  “O Viso” comeza a campaña de sensibilización sobre igualdade “ENTRE IGUAIS” nos colexios rurais da Limia, na semana que se reivindica o  Día Internacional da Muller.
Comezaremos esta andadura o luns 7 de marzo co alumnado do CEIP de Rairiz e Sandiás continuando nos próximos días no CEIP dos Blancos, Vilar de Barrio, Sarreaus e Baltar. Nas diferentes sesións indagaremos sobre por que se reivindica o 8M, e realizaremos diferentes dinámicas participativas que nos axudaran a darlle voz a todas as rapazas e rapaces sobre a igualdade, os roles de xénero e as desigualdades que estes roles xeran.
Con esta campaña pretendemos concienciar, reflexionar e debater co alumnado de primaria do rural limiá sobre a necesidade de relacionarse desde o respecto e recoñecemento mutuo para que as experiencias vitais non estean marcadas pola imposición de roles que diten o que as persoas deben facer, en función do seu sexo. Da necesidade de ver as diferenzas como riquezas das que aprender e construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade.
Estas actividades están financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade, mediante as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, da convocatoria do ano 2021.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies