Infórmate > Noticias 

Noticias 

Dando o mellor de nós despois de encaixar o gol
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/11/2021 | A Limia

A gratitude como columna vertebral do ben-ser e do ben-estar

1 de 9

Unha semana despois do día da filosofía (que se celebra o terceiro xoves de novembro) queremos lembrar, seguindo co símil do fútbol e a actualidade de Xavi (actual adestrador do Barcelona) unha frase súa cando era xogador: "A comprensión do xogo no Barcelona é algo máis que o gañar, o idioma non é gañar, gañar e gañar. Non. O ganar é a consecuencia. A filosofía é o máis importante.” E nós engadimos: ganar ou perder é sempre unha cuestión de cabeza e o partido non acaba ata que acaba.
Velaquí a nosa verdadeira fortaleza; o máis doado era fuxir, esconderse. Ou loitar enfurecidos. Así que optamos por manter a nosa posición, recoñecer as nosas debilidades e non asustarnos ante a presión. A presión significou un reto, outra boa ocasión para mostrar as capacidades de funcionar baixo condicións de tensión. Porque aceptando esa tensión, recoñecendo o seu grao de intensidade estamos a ser quen de dominala.
Apaixonados por esta historia colectiva que levamos anos construíndo, afoutados pola convicción de que o que lexitima a un grupo é o traballo que fai, a capacidade que ten, optamos por relativizar o significado do ocurrido e ensamblar as pezas de tal maneira que nos centramos en controlar os nosos pensamentos, decidir cómo me afecta,  en interpretar o que pasou, o que se di ou escribe como paso previo que garante controlar a tensión e a situación.
E cada quen no seu posto e as súper no delas e no doutras, con detallazos duns para todxs e cada un dos demais, sempre poñendo o acento nesa atención a que os demais estean ben… queda decir: graciñas. Tamén e isto xa foi un extra motivador espectacular, as moitísimas e continuas mostras de apoio, ofrecementos. Moitas grazas.  Si, sabemos, aprendéronos que a gratitude é un dos pilares do ben-ser, do ben-estar; é a memoria da alma.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies