Infórmate > Noticias 

Noticias 

Sábado en familia
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/11/2021 | Lodoselo

Néboa, lume, Muma, sol, soutos, castañas, avésporas e ... mel

1 de 2

No Sábado en Familia de hoxe volvemos a Lodoselo. Aínda que a néboa pechada nos fixo tremer de frío ó principio, non perdemos as ganas de ir apañar as castañas. E moito máis ca iso: ó chegar agardábanos o Toño para prepararlles a comida e ir dárllela ós animais; tamén nos encendeu o lume que nos fixo entrar en calor. Pero o mellor foi a sorpresa que nos tiña preparada: a Muma, a nova cachoriña pastora recén chegada a Lodoselo, e que pasou a xornada de colo en colo e ata foi nun canistrelo ata os soutos de castiñeiros no Liñón.

Cando por fin o sol lle gañou a partida á néboa comezamos a nosa andaina cara este souto e puidemos ver canto traballo levan feito os que rozaron o monte nas semanas pasadas, deixando un lugar fermoso e case máxico!
Marabillámonos descubrindo e trepando por castiñeiros que semellaban milenarios, apañando castañas e algún cogumelo e ata atopamos a toqueira dun teixugo. O malo foi que espertamos un avesporeiro e algún dos camiñantes/as acabou con varias picadas. A volta foi algo apurada pero cos aloumiños e coa proba do mel regresaron axiña os sorrisos.
Foi unha fermosa mañá! Graciñas, Toño, polo mel, as casiñas de paxaros, a compaña e por compartir con nós recunchos da infancia e darlle valor a estas pequenas grandes cousas do día a día no noso rural.

Esta  actividade está enmarcada no programa O Noso Espazo, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d372617839k9398961o2l1/Sábado en familia 6 nov 21

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies