Noticias
© CDR O Viso | 06/10/2021 |
Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca
Sete persoas da Comarca da Limia comenzan, hoxe, o curso de formación Asistente Persoal no Medio Rural, co obxectivo de mellorar a inserción sociolaboral das persoas que participan no Programa de Itinerarios Integrados para Loitar contra a Despoboación.
Esta formación pretende mellorar a capacitación do alumnado, dotándolle de competencias persoales e profesionais para dar un apoio profesionalizado ás persoas en situación de dependencia. Esta mellora da cualificación aumentará as posibilidades de atopar un emprego e profesionalizar a atención ás persoas dependentes no medio rural.
Os contidos da formación son os seguintes:
- Fundamentos da vida independente. Proxecto de vida.
- A figura do asistente persoal no medio rural.
- A interacción social . Habilidades sociais e comunicación. A empatía.
- Relación profesional e confidencialidade.
- Aspectos legais, éticos e xurídicos da asistencia persoal.
- Produtos de apoio e ferramentas da prevención.
- Primeiros auxilios.
- Igualdade de oportunidades e Sensibilización Medioambiental.
A formación é gratuita e enmárcanse no Programa de Itinerarios integrados para loitar contra o despoboamento rural POISES. Cofinanciado polo FSE con cargo ó programa operativo do mesmo nome, pertencente ó FSE 2014-2020 (CCI 2014ES05SFOP012) para loitar contra a despoboamento rural e o Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia (regulado pola ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral