Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/08/2021 | Tríptico 2

Servizo de Préstamo de Axudas Técnicas

Grazas á boa veciñanza, á Fundación EDP e outras institucións

09/08/2021 | A Limia

Este servizo, que xa se está prestando desde hai anos polo CDR, para favorecer a autonomía e a mobilidade persoal, para cooperar nunha mellora da calidade de vida -en especial ás familias que contan con algunha persoa -de xeito temporal ou permanente- nunha situación de dependencia, trata de facilitar o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.
Co  Banco de Préstamo de Axudas Técnicas o CDR "O Viso" cumpre unha dobre e importante finalidade. Por unha banda, serve de axuda ó benestar de quen máis o precisa e, por outra, permite aproveitar as ganas de contribuír coa doazón ou préstamo de todas as persoas que queiran colaborar, permitindo incentivar a boa veciñanza e as boas prácticas na reutilización de recursos infrautilizados, de recursos que xa non nos son necesarios neste momento.
En caso de dispor e querer doar algunha axuda técnica, pódese contribuír nesta iniciativa solidaria, contactando co traballador social do CDR "O Viso" para ceder ese material ó Banco de Préstamo de Axudas Técnicas. Desta maneira contribúese a que outras persoas, especialmente aquelas con escasos recursos poidan gozar dunha mellor calidade de vida.
Se o principal obxectivo desta iniciativa é promover a accesibilidade integral e a autonomía persoal facilitando as axudas técnicas necesarias, tamén se pretende, sobre todo, axudar ás familias que coidan a unha persoa con dependencia no domicilio, mediante o uso de axudas técnicas necesarias, previndo así as lesións físicas, e evitando a hospitalización ou institucionalización das persoas maiores,   con discapacidade ou en   situación   de dependencia, que con unha axuda técnica ven mellorada a súa situación persoal.
Se precisas algunha axuda técnica para a mobilidade (como cadeiras de rodas, andadores), para a alimentación (pratos, vasos e cubertos adaptados), para o aseo (banquetas de ducha ou bañeira, agarradoiras), para vestirte ( calzadores, abrochabotóns, poñemedias) ponte en contacto con nós. Os requisitos para o acceso a eles son: presentar algún tipo de limitación en autonomía persoal. Terán preferencia os casos de situación económica desfavorable e estado de dependencia graves.
Para solicitar o servizo deberase pedir cita co traballador social do CDR "O Viso" para cumprimentar un formulario e realizar un informe  social. Posteriormente  a/o Terapeuta Ocupacional realizará unha avaliación das AVDs e do domicilio. O préstamo efectuarase baixo contrato inicial de 2 meses con posibilidade de prolongalo.

Fan posible este banco de Axudas Técnicas todas aquelas persoas que posibilitan algunha doazón/cesión así como as que o utilizan; a Fundación EDP; tamén as axudas conseguidas a través da Convocatoria de Acción Social no Ámbito Rural 2020 Fundación Bancaria 'a Caixa' (Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, á discapacidade e á enfermidade), a Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e convócase o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 %.,m A Deputación de Ourense na convocatoria para proxectos de prestación de servizos sociais para ou ano 2021 e o Concello de Xinzo de Limia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias