Infórmate > Noticias 

Noticias 

Visita do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense ó CDR O Viso
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

02/12/2020 | Lodoselo

1 de 4

Esta máñá recibimos a visita do Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado de Marta e tamén do Alcalde do Concello e Beatriz, concelleira.

Fixemos un percorrido exterior polas instalacións do Centro de Inclusión e a través das ventás fómoslle contando o noso quefacer cotiá; hoxe, María, Isolina, Elisa, Antonio, Mateos, Miguel e Otilia estaban traballando en distintos espazos con Saray, con Jesús e atendidos tamén por Isabel e Sonia. Seguimos o percorrido comentando o espazo sensitivo que estamos a crear e accedemos á Casa Niño. Tamén desde a galería acristalada falamos con Lucía e vimos a María coidando as crianzas. A continuación achegámonos ata a parte da cociña e a entrada cuberta na que Alberto e Bruno estaban cargando as bandexas coa comida que prepararan as cociñeiras: Manola, Maruja e Verónica.

Acegámoslle algúns datos sobre as comidas diarias que se preparan e reparten (máis dun cento), as xente que come aquí... As moitas viaxes que se fan no só de reparto de comidas, lotes de alimentos... Tamén para recoller a xente que vén pasar aqui o día ó Centro de Inclusión, a comer... Máis de 300 Km. diarios, sen contar extras.

Despois fomos paseando ata a vivenda comunitaria "A túa outra casa" á que tamén bordeamos, vendo as persoas residentes e a Bea e Dora que as coidaban nesa quenda, así como as intalacións desde fóra.  E xa, de seguida, tiveron que marchar. Así que moitas grazas por este primeiro contacto. Encantados de que sexa unha persoa que provén do eido educativo (que xa coñece o Pobo escola) e unha mágoa non dispoñer de algo máis de tempo para ir ver as obras que estamos realizando nas Casas da Memoria e poder charlar un chisco máis. Agardamos que noutra ocasión. Grazas


https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53624/xunta-invertira-provincia-ourense-3-4-millones-euros-ayudas-entidades-inclusion

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies