02/05/2020 | A Limia
Orientación laboral e asesoramento individualizado
1 de 3
© CDR O Viso
Desde o día 10 de febreiro de 2020, no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso estamos a orientar e asesorando a 11 participantes para mellorar a súa empregabilidade na Comarca da Limia. Esta atención realízase no Marco do Programa Itinerarios Integrados para Loitar contra o Despoboamento Rural.
Durante o desenvolvemento do Programa están a deseñarse Itinerarios personalizados para promover a Inserción Socio-laboral das persoas beneficiarias.
Estes itinerarios contemplan orientación laboral e asesoramento individualizado, formación que promova a adquisición de ferramentas e estratexias para realizar unha Procura Activa de Emprego máis eficiente na Comarca e un acompañamento á inserción das persoas beneficiarias, a través da intermediación laboral con empresas da comarca.
Esta iniciativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (o FSE inviste no teu futuro) dentro do PROGRAMA OPERATIVO DE INCLUISÓN SOCIAL E ECONOMÍA SOCIAL ( POISES- CCI2014ES05 SF0 P012) e que está vinculado ó obxectivo Temático 9 “Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.”.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al mecenazgo de la Fundacion Barrie y la RSC de Edisa:
MAPA WEB
ACCESIBILIDAD WEB
AVISO LEGAL
POLITICA DE COOKIES
LICENCIA